Educando en familia

Educando en familia

O Concello de Fene arrinca neste mes de setembro cunha nova actividade denominada “Educando en familias”. Actividade coa que pretende apoiar ás familias na educación dos seus fillos e fillas, aportando ferramentas que os permitan mellorar a relación coas súas crianzas.

Esta actividade desenvólvese, a través da Área de Benestar e Igualdade, por Virginia Castro Crespo de “Aloumiño”.

Os grupos de traballo serán reducidos para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción de todas as persoas participantes.

Os obradoiros desenvolveranse dende o mes de setembro de 2021 ata xuño inclusive do 2022. Consistirá en 2 obradoiros semanais de 2 horas, en horario de mañá e de tarde:

Martes, en horario de tarde de 16:00 horas a 18:00 horas, ou ben de 18:30 a 20:30 horas a elixir.

Venres, en horario de mañá de 09:30 horas a 11:30 horas 

Nos obradoiros vaise a traballar:

O manexo das emocións

O establecemento de normas e límites respectuosos e firmes

A aprendizaxe de técnicas de redirección da conduta, e resolución de conflitos.

Novas tecnoloxías: educación dixital e supervisión dos medios informáticos

Técnicas de comunicación

Stop rabechas e claves para a negociación

Como conectar mellor coas crianzas e ver as potencialidades de cada membro da familia

O período de inscrición estará aberto até o  15 de setembro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta. As prazas se cubriran por orde de inscrición.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Descargas