Educando en familia
02-09-2021
O Concello de Fene arrinca neste mes de setembro cunha nova actividade denominada “Educando en familias”. Actividade coa que pretende apoiar ás familias na educación dos seus fillos e fillas, aportando ferramentas que os permitan mellorar a relación coas súas crianzas.
Esta actividade desenvólvese, a través da Área de Benestar e Igualdade, por Virginia Castro Crespo de “Aloumiño”.
Os grupos de traballo serán reducidos para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción de todas as persoas participantes.
Os obradoiros desenvolveranse dende o mes de setembro de 2021 ata xuño inclusive do 2022. Consistirá en 2 obradoiros semanais de 2 horas, en horario de mañá e de tarde:
Martes, en horario de tarde de 16:00 horas a 18:00 horas, ou ben de 18:30 a 20:30 horas a elixir.
Venres, en horario de mañá de 09:30 horas a 11:30 horas
Nos obradoiros vaise a traballar:
O manexo das emocións
O establecemento de normas e límites respectuosos e firmes
A aprendizaxe de técnicas de redirección da conduta, e resolución de conflitos.
Novas tecnoloxías: educación dixital e supervisión dos medios informáticos
Técnicas de comunicación
Stop rabechas e claves para a negociación
Como conectar mellor coas crianzas e ver as potencialidades de cada membro da familia
O período de inscrición estará aberto até o 15 de setembro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta. As prazas cubriranse por orde de inscrición.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981492706 / 981 342607