Obradoiro de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes

Obradoiro de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes

O Concello de Fene vai a emprender neste mes de novembro unha nova actividade denominada “TALLERES DE APOIO INTEGRAL A COIDADORAS NO MEDIO RURAL”, financiada pola Deputación da Coruña e en colaboración con “Fundación Mujeres”, ca que pretendese apoiar as persoas coidadoras aportando ferramentas que as permitan mellorar a súa calidade de vida.

Os grupos de traballo serán reducidos para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción de todas as persoas participantes.

Os talleres desenvolveranse no mes de novembro de 2021.

DATAS:

Mércores 3, 10, 17 e 24 de novembro

HORARIOS:

de 16:30 ás 18:30 horas.

LUGAR:

Casa da Cultura de Fene, sita na Avda. Conces 20-22, 15500, Fene.


CONTIDOS:

Saúde e autocoidado “Quen coida de min”
Xestión do tempo “O teu tempo, o teu lecer”


INSCRICIÓN:

O período de inscrición estará aberto do 7 ata o 25 de outubro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Tamén poderán facer a súas solicitudes directamente no Centro de Servizos Sociais ou ben por teléfono.


Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Descargas