Obradoiro de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes
03-09-2021
O Concello e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán en Fene un obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural.
Os talleres terán lugar na Casa da Cultura de Fene, en horario de 10.30 a 12.30 horas nas seguintes datas:
Setembro: días 22 e 29
Outubro: días 6,13,20 e 27
Novembro: 3 e 10
Cos seguintes contidos:
Saúde e autocoidado “Quen coida de min”
Xestión do tempo “O teu tempo, o teu lecer”
Habilidades comunicativas “Como por límites”
Dixitalizadas “Manexando o móbil”
O período de inscrición estará aberto até o 21 de setembro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Tamén poderán facer a súas solicitudes directamente no Centro de Servizos Sociais ou ben por teléfono.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607