Fene conmemora os 25 anos de literatura do escritor e xornalista Ramón Loureiro
08-09-2021
A concellería de Cultura de Fene e o Club de Prensa de Ferrol organizan a presentación do novo libro de Ramón Loureiro, Las máscaras del fin del mundo. O acto, no que ademais do autor intervirán a presidenta do Club de Prensa, Xulia Díaz Sixto, o poeta e editor, Xulio López Valcárcel, a profesora Esperanza Piñeiro de San Miguel e o alcalde de Fene, Juventino Trigo Rey, terá lugar o vindeiro xoves, 23 de setembro, ás 20:00 h nas instalacións do CMI Unidade de Fene. Para asistir, é imprescindible reservar praza antes das 12:00 horas do 21 de setembro no correo electrónico cultura.deportes@fene.gal ou no teléfono 981 340 366.
O xornalista e escritor de Fene celebra con esta obra os seus 25 anos de literatura, un cuarto de século que iniciou coa publicación dun relato na revista ‘Poesía Galicia’, no que aparece por vez primeira a mítica terra de Escandoi, territorio creado por Ramón Loureiro e que se estende dende o seu Sillobre natal por todo o norte galego.
Cunha orixinal estrutura, dividida en 421 partes de diferente extensión, Las máscaras del fin del mundo está escrito a xeito de dietario nunha prosa que, ao mesmo tempo, se achega a poesía nunha “sorte de peregrinación a través das sombras”. En palabras de Ramón Loureiro, “en certo sentido é un dietario, claro que si, pero un dietario cheo diso que Gonzalo Torrente Ballester chamaba interpolacións máxicas. Aquí está a pegada do paso do tempo, pero tamén os personaxes das miñas novelas, que a estas alturas xa son amigos meus e que tanto me acompañaron”.
Nas páxinas de Las máscaras del fin del mundo agroma tamén unha mirada especialmente crítica sobre a actualidade do noso tamén. Pero tamén a constante reivindicación do dereito a sonar e da cultura europea e da liberdade.
Ramón Loureiro, académico de número da Academia. Auriense-Mindoniense de San Rosendo, conta no seu haber co l Premio Julio Camba de Periodismo, el Premio Letras de Bretaña e o Premio Caminhos da Memoria (outorgado pola universidade portuguesa do Minho) e foi xurado do Premio Nacional de Literatura e do Premio Nacional de la Crítica.
Organizan: Concellería de Cultura do Concello de Fene e Club de Prensa de Ferrol
Colaboran: Editorial Medulia e CMI Unidade de Fene
Fotografía: Daniel Díaz Trigo