Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua
04-10-2021
O ciclo de "Ler conta Moito" arrinca o día 7 de outubro coa actuación: "Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua" do grupo Polo Correo do Vento, onde o colectivo pontevedrés pon música, narra e ofrece ilustracións realizadas por Tania Solla, sobre a biografía da escritora nada en Sarria.
A actuación será ás 18.00 h na Casa da Cultura (Salón de Actos) e está dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos.
As persoas interesadas poden reservar praza presencialmente na Biblioteca ou a través do teléfono 981 34 23 02.