Leo Leiño na Casa da Cultura de Fene

Leo Leiño na Casa da Cultura de Fene

Aberto o prazo de reserva  para a derradeira función do ciclo “Ler conta moito” da Biblioteca Municipal de Fene. Para esta última sesión, a contacontos Leo Leiño propón un espectáculo, dirixido a nenos/as de 6 a 14 anos, “cheo de maxia e ilusión pola rota xacobea”.
 
Reserva de praza na propia biblioteca ou no teléfono 981 342302 en horario de tarde (luns-venres) ou de mañá (sábados).

 

Neste Ano Santo Xacobeo "Leo Leíño", da man da primeira peregrina, Egeria, lévanos a Santiago, seguindo as instrucións do Códice Calixtino e “peregrinando” a través de trucos sorprendentes e divertidos. Deste xeito, descúbriranos lendas e costumes do camiño e contaranos as aventuras e desventuras da súa peregrinación ata os pés da Berenguela, para entrar pola Porta Santa e abrazar ó Apóstolo.