Aberta a inscrición en Tardes Compartidas
02-11-2021
O concello de Fene, dende a concellaría de Benestar social e Igualdade, ven de presentar o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca Tardes Compartidas.
Programa dirixido a maiores de 55 anos no que se realizarán as seguintes actividades:
OBRADOIROS + MEMORIA:
A través de dinámicas grupais e de ocio mantense activa a mente e melloraranse a memoria, a atención, a concentración, o cálculo, a linguaxe, etc.
OBRADORIOS "RECORDANDO O NOSO":
Traballaranse as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica co obxecto de facer unha recuperación da memoria histórica das parroquias e do Concello de Fene.
O prazo de matrícula estará aberto ata o luns día 8 de novembro, ou se cubran a totalidade das prazas en cada grupo.
Os obradoiros desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais, que esten interesadas en participar, escollendo obradoiros segundo a demanda veciñal. As entidades colaboran así facilitando os locais, de acordo coa súa dispoñibilidade horaria.
Cada persoa poderá elixir libremente as actividades ás que acudir independentemente na parroquia na que viva.
Todos os obradoiros realizaránse un día a semana cunha duración de 1h e 30 minutos, a partir do 8 de novembro ata xuño.
Requisitos:
Ter cumpridos os 55 anos. Cubrir ficha de inscrición e asinar declaración COVID 19 antes do inicio da actividade.