Encontro social para localizar ODS
10-11-2021
O Concello de Fene có compromiso e vontade de traballar nunha folla de ruta para conseguir un obxectivo común: o desenvolvemento mundial sostible, fai un chamamamento á participación da cidadanía, para o mércores 17 de novembro, ás 10.00 h na Casa da Cultura.
Actividade enmarcada Plan Municipal para a consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) có apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
QUE É O ODS?
O 25 de setembro de 2015 foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, cos obxectivos de erradicar a pobreza, loitar contra a desigualdade e a inxustiza, e poñer freo ao cambio climático, entre outros. Esta axenda marca a acción global para o desenvolvemento até o ano 2030 e, conxuntamente co resto das axendas globais, configura unha folla de ruta de actuación entre si para conseguir un obxectivo común: o desenvolvemento mundial sostible. O documento artéllase a través dun sistema de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A Axenda 2030 ofrece en todos os niveis da administración un marco homoxéneo para a planificación do desenvolvemento sostible. No caso dos concellos, é integradora de varias políticas, pode producir o cambio necesario para coordinar e transversalizar definitivamente aquelas políticas locais que contribúen ao desenvolvemento sostible. É así como dos 17 obxectivos e dos 169 metas a maior parte refírense ou afectan a materias que se xestionan dende o ámbito local.