Senta e sente, sube ás miñas rodas, unha actividade para concienciar sobre as barreiras arquitectónicas
10-11-2021
A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza, coa colaboración da asociación sociocultural ASCM, a actividade `Senta e sente, sube ás miñas rodas´coa que se pretende concienciar aos políticos, profesionais e á poboación en xeral das dificultades que as persoas en cadeira de rodas están a sufrir no seu día a día pola existencia de múltiples barreiras arquitectónicas na rúa que son un impedimento de cara a lograr a súa plena inclusión. A actividade, que se desenvolverá o venres 19 de novembro entre as 10:00 e as 13:00 horas, terá como punto de partida a Praza do alcalde Ramón José Souto González. Nela, os/as participantes realizarán dous percorridos en cadeira de rodas polas rúas de Fene. E, no caso de choiva, farase un itinerario alternativo.
Dadas as limitacións do número de cadeiras de rodas dispoñibles para a realización da actividade, a selección das persoas participantes, realizarase por rigorosa orde de inscrición. O período de inscrición xa está aberto, até as 14:00 horas do martes 16 de novembro. Pode realizarse por teléfono (981342607) ou tamén directamente no Centro de Servizos Sociais.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607