15 de novembro, Día Mundial sen Alcohol
15-11-2021
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial sen Alcohol, a concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene lembra que, en colaboración coa agrupación de Concellos de Mugardos e Neda, está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas no que se enmarca o programa de información e sensibilización, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Entre as mensaxes que se pretenden trasladar á veciñanza a respecto desta cuestión é que "a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos adictivos é un dos factores que máis está a influir no consumo, de aí que adquiran sentido aquelas actuacións encamiñadas a mellorar a información rigurosa e axeitada sobre as drogas. Información que axude a entender as características xerais deste fenómeno, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuizos, asi como a establecer un maior coñecemento nesta materia".
Tamén en relación coa conmemoración do "Día Mundial sen Alcohol", dende os Servizos Sociais Municipais veñen de sumarse á campaña de prevención do consumo de algohol impulsada polo Ministerio de Sanidade, facéndose eco das "mensaxes para a semana sen alcohol":
Luns 15 de novembro. Plantéxase o seguinte reto: podes estar unha semana sen consumir alcohol? O mellor é no consumir e se se consume, canto menos mellor e sempre por debaixo dos límites de consumo de baixo risco. Por outro lado, reflexiona sobre o que bebes, calcula o teu consumo. Deixa ao menos 2 días libres de alcohol á semana e non realices consumos intensivos #EuPodoSenAlcohol #SemanaSenAlcohol
Martes 16 de novembro. Poboacións que no deben consumir alcohol:
-Alcohol e embarazo: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/Prevencion/alcohol/Embarazo.htm
-Alcohol e mocidade: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/Prevencion/alcohol/Jovenes.htm
- Alcohol e condución: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/Prevencion/alcohol/Conduccion.htm
Miércores 17 de novembro. Non hai bebidas alcohólicas mellores e peores. Todos os tipos de bebidas alcohólicas (viño, cervexa, licores) perxudican a saude..
Xoves 18 de novembro. É preciso promover entornos que non favorezan o consumo
de alcohol e ofrecer alternativas de ocio saudable. O consumo de alcohol no é so unha decisión individual, as políticas e a contorna influen nas nosas decisións.
Vernes 19 de novembro. Hai moitas razóns polas que non consumir alcohol ou reducir o seu consumo. Reflexiona sobre si conseguiches non beber ou reducir o consumo de alcohol esta semana. Se o conseguiches, parabéns, segue así!. Pero, se non o conseguiches, reflexiona sobre as dificultades que atopaches para facerlles fronte e trata de reducir o tu consumo por debaixo dos límites de consumo de baixo risco de alcohol.