Ponte ao día de maneira cómoda e segura no manexo do teu móbil

Ponte ao día de maneira cómoda e segura no manexo do teu móbil

O Concello de Fene a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade está a organizar unha actividade denominada “INICIACIÓN AS NOVAS TECNOLOXÍAS”, “Ponte ao día de maneira cómoda e segura no manexo do teu móbil”.

Actividade orientada principalmente as persoas maiores, pero pode acudir calquera persoa que precise este tipo de apoio no uso das novas tecnoloxías.

O taller realizarase ao londo dunha semana, 1 hora diaria, no que as persoas aprenderán a optimizar os recursos do seu móbil.

Datas: Días 29 e 30 de novembro e 1, 2 e 3 de decembro entre as 10:00 e as 11:00 horas na aula da Casa da Cultura de Fene.

O período de inscrición estará aberto até o 26 de novembro ás 14:00 horas e pode facerse por teléfono (981342607) ou tamén presencialmente no Centro de Servizos Sociais.

Actividade do Concello de Fene en colaboración có Instituto de Investigaciones Científicas y Ecológicas, INICE. O obxecto desta iniciativa é apoiar as persoas do Concello de Fene que precisen axuda para mellorar no manexo do seu móbil.

Para calquera información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607