O documental Dores, sobre os campos de concentración en Galicia, proxéctase este sábado na Liga de Amigos de Barallobre

O documental Dores, sobre os campos de concentración en Galicia, proxéctase este sábado na Liga de Amigos de Barallobre

“Apenas ninguén sabe que en Galicia existiron campos de concentración durante o franquismo. Dores trata sobre o descoñecemento da nosa propia historia e da necesidade de falar sobre cuestións como estas para que non rematen soterradas e condeadas ao esquecemento unha vez máis”. O documental, dirixido por Coral Piñeiro, proxéctase o vindeiro sábado, 27 de novembro, ás 19.00 horas, no Local da Liga de Amigos de Barallobre. Entrada libre con aforo limitado.

Os protagonistas de Dores están todos unidos por historias de esquecemento do pasado máis recente de España. Así, Emma -unha antiga guía da Illa de San Simón-, Mariano Jabonero -fillo dun preso republicano-, Susana Sánchez -escritora de Seique e sobriña dun activo represor franquista- e Tino Cordal -sobriño dun paseado durante a ditadura-, guiarán ao espectador a través dun percorrido pola historia máis recente do país, dende o golpe de estado franquista ata as últimas consecuencias que aínda seguen latentes hoxe en día.

FICHA TÉCNICA
Ano 2020
Documental histórico
Duración: 23 minutos
Coloquio posterior

EQUIPO
Coral Piñeiro, directora e guionista
Maite Martínez, produtora e guionista
Clara Miñán, axudante de dirección e guionista
Laura Piñeiro, guionista, montadora e distribuidora.

RRSS: @doresdoc en Instagram, Facebook e Twitter

TRAILER: Dores