O Concello de Fene presenta o programa do 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero

O Concello de Fene presenta o programa do 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero

Coa colocación dunha praca en lembranza das mulleres asasinadas polas súas parellas, comezará o vindeiro xoves, 25 de novembro, o programa artellado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene ao redor da conmemoración do Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Para esta mesma xornada anúnciase unha escenificación a cargo da Marcha Mundial das Mulleres na Praza do alcalde Ramón José Souto González e o monólogo de Isabel Risco, “Bravas”, na Casa da Cultura.

Segundo informan dende os Servizos Sociais de Fene, as actividades previstas para o vindeiro xoves, 25 de novembro, serán as seguintes:

. 14.00 horas, no local dos Servizos Sociais de Fene_Colocación dunha praca conmemorativa en lembranza das mulleres asasinadas polas súas parellas.

. 17.00 horas, na praza do alcalde Ramón José Souto González_Escenificación a cargo da Marcha Mundial das Mulleres. Entrada libre.

. 19.00 horas, na Casa da Cultura_Monólogo “Bravas”, a cargo de Isabel Risco. Aforo limitado. Reserva de invitacións no teléfono 607 627 781 (de luns a venres en horario de mañá).

Por outro lado, perante a proximidade da conmemoración do 25N, a concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene fai público o manifesto institucional aprobado no Pleno do pasado 4 de novembro por todos os partidos políticos que conforman a Corporación Municipal.
                       

Descargas