46 pilotos de Galicia e Asturias competirán este domingo no Slálom Scratch Fene
03-12-2021
A organización convidou a achegarse ese día ao polígono de Vilar do Colo para gozar coas probas, aínda que gardando todas as medidas de seguridade
Achégase desde Barcelona José Calvar, quen adquiriu sona pola súa vitoria en diferentes carreiras pilotando de xeito espectacular un Seat Marbella. Os vehículos pelexarán por 8 trofeos especiais e polo Gran Premio Apartamentos Auga.
O alcalde de Fene Juventino Trigo, a concelleira de Deportes Angeles Coira e os membros da Escudería Scratch Fene, Edgar Vigo e Fátima Ameneiro, presentaron a proba este mediodía na Casa do Concello de Fene.
Sergio Pena de Ares , Manuel Trebín có automobil club As Pontes e Manuel Souto de Oroso xogaranse este domingo no Slálom de Fene o Campionato Galego de Slálom. Pero xunto deles haberá outros pilotos que pelexen pola vitoria, segundo explicaba Edgar Vigo, da organización.
A primeira manga no Slálom de Fene comezará o domingo arredor das catro menos cuarto da tarde. A segunda principiará entre as seis e as seis e media, co que se correrá xa de noite. A temperatura e a adherencia é maior coa luz do día e os coches son quen de xirar a maior velocidade. Por iso é posíbel que os tempos da primeira manga sexan mellores que os da segunda. Todo iso estará tamén marcado pola climatoloxía.
Slálom Scracth Fene. Este domingo no parque empresarial de Vilar do Colo en Fene.