O venres día 10 abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas deste Nadal

O venres día 10 abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas deste Nadal

O calendario festivo deportivo en Fene comeza este mesmo venres, coa inauguración da exposición: Galiza unha selección

De cara o Nadal, o Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, anunciou esta mañá os prazos de inscrición nas actividades deportivas programadas: campanadal, patinaxe e obradoiro de guateo e pateo.

A inscrición debe formalizarse nas dependencias administrativas do departamento de deportes (avenida naturais 44) dende o día 10 ata o día 22. As persoas interesadas deberán de  solicitar cita previa no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene no teléfono 981 340 366. De luns a venres: De 8:00 a 14:00 horas.

Completan a programación a  actividade de xogos acuáticos en familia  e a exposición Galiza unha selección. Exposición impulsada por Vía Galega coa colaboración do Concello de Fene, que se poderá visitar no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) do 10 ao 30 de decembro de 2021.

Programación deportiva Nadal

EXPOSICIÓN

GALIZA, UN POBO UNHA SELECCIÓN

Exposición impulsada por Vía Galega coa colaboración do Concello de Fene, que se poderá visitar no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) do 10 ao 30 de decembro de 2021. O horario de visita será de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas e os fins de semana nos horarios das competicións. A iniciativa “Galiza, un Pobo, unha selección” é unha mostra de 20 paneis explicativos dividos en 17 bloques temáticos a favor das seleccións nacionais galegas que tratan a traxectoria do deporte galego. A mostra pertence a unha campaña organizada por Vía Galega que ten como obxetivo reivindicar as seleccións deportivas galegas, tanto masculinas como femininas, en todos os deportes colectivos como un dereito do Pobo galego. Ademáis, tamén pretenden pór en valor e potenciar os deportes autóctonos, amosar a potencialidade no ámbito deportivo de Galicia, coñecer a historia deportiva, a importancia para a cultura, galeguizar o deporte galego e impulsar a igualdade de xénero. Actividade de balde, sen reserva previa.

OBRADOIRO GUANTEO E PATEO

O 27, 28, 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro de 10.00 a 12.00 horas no Ximnasio Fitness Fene

Custe: 15,70 €

15 prazas

Obradoiro de Nadal orientado á rapazada de 12 a 18 anos cumpridos a 31 de decembro de 2021, no que realizarán actividades relacionadas coa autodefensa: - Traballo de resolución de conflitos, - Técnicas de golpeo, guanteo e pateo, - Defensa sobre agarres

Material necesario: Roupa cómoda e mascarilla

CAMPANADAL PARA PEQUES

O 27, 28, 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón de A Xunqueira

Custe: 15,70

€ 20 prazas

Campamento de Nadal orientado aos máis pequenos e pequenas, de 4 a 11 anos cumpridos a 31 de decembro de 2021, no que realizarán actividades variadas distribuídos en grupos de idade: xogos, manualidades, multideporte, baile, música, ... con contos cheos de maxia, con historias e personaxes propias do Nadal que farán que os nenos e as nenas se sintan a gusto, disfruten, compartan, aprendan movéndose e gocen do Nadal.

Material Necesario: Roupa cómoda para xogar e mascarilla

PATINAXE PARA ADULTOS E NENOS/AS

O 27, 28, 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00 horas no Pavillón de A Xunqueira

Custe: 6,25 €

24 prazas en cada quenda.

Cursiño de patinaxe dirixido a adultos e nenos/as maiores de 5 anos, dende iniciación ata técnicas máis avanzadas, no que haberá tres grupos de aprendizaxe en cada hora, que se distribuirán segundo as idades e o nivel de cada participante. Material necesario: patíns, casco, xeonlleiras, muñequeiras e mascarilla

XOGOS ACUÁTICOS EN FAMILIA

O Concello de Fene oferta a nenos e nenas a posibilidade de asistir á piscina para realizar actividades lúdicas utilizando o material da instalación. Cada neno/a deberá estar acompañado por unha persoa adulta. No caso de irmáns poden ser 2 nenos/as acompañados/as por unha persoa adulta.

Para participar haberá que pagar só a entrada da persoa adulta: 3,25 €.

No caso de dispoñer de bono deporte, este poderá ser utilizado do mesmo xeito que unha entrada normal, utilizando só unha entrada para a persoa adulta (na que estarán incluídos os/as menores).

Resérvanse tres rúas da piscina para esta actividade, de 11:15 a 13:30 horas, e cada grupo de participantes estará debidamente separado. Non é necesario realizar inscrición previa, pero si é recomendable facer reserva de rúa antes de ir, co fin de garantir que haxa espazo libre.

Reserva: 981 344 341 / 607 627 103 De luns a venres do 23 de decembro ao 7 de xaneiro (de 11.15 a 12.00 horas, de 12.00 a 12.45 horas e de 12.45 a 13.30 horas) Dirixido a tódalas idades Ocupación da piscina: 18 personas/hora

INFORMACIÓN:

No departamento de Deportes do Concello de Fene.

Teléf: 607 615 962 / 981 340 366

Na páxina web do concello: www.fene.gal

INSCRICIÓN: 

LUGAR: Nas dependencias administrativas do departamento de Cultura e Deportes. Avda. Naturais, nº 44, entrechán. · PRAZO: Do 10 ao 22 de decembro para todas as actividades que precisen inscrición, agás os xogos acuáticos en familia e a exposición que non precisan inscrición previa

HORARIO: Solicitar cita previa no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene no teléfono 981 340 366. De luns a venres: De 8:00 a 14:00 horas

ORGANIZA: Concello de Fene.

COLABORAN: Escola de artes marciais e deportes de contacto KANG Plataforma Vía Galega

Descargas