O pavillón de San Valentín acolle até finais de mes a exposición Galiza, un pobo, unha selección
13-12-2021
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, foi o encargado de inaugurar o pasado venres a exposición “Galiza, un pobo unha selección”, mostra impulsada por Vía Galega coa colaboración do Concello, que se poderá visitar en Fene até o vindeiro 30 de decembro. Ao acto, que tivo lugar no pavillón da Xunqueira, asistiron tamén a concelleira de Deportes de Fene, Ángeles Coira, e o voceiro da plataforma Vía Galega, Anxo Louzao. A mostra pode visitarse nesta instalación municipal de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas, e durante as fins de semana nos horarios das competicións.
"Galiza, un Pobo, unha selección" é unha mostra formada por 20 paneis explicativos dividos en 17 bloques temáticos a favor das seleccións nacionais galegas que tratan a traxectoria do deporte galego.
A mostra pertence a unha campaña organizada por Vía Galega que ten como obxetivo “reivindicar as seleccións deportivas galegas, tanto masculinas como femininas, en todos os deportes colectivos como un dereito do Pobo galego”. Ademáis, tamén pretenden pór en valor e potenciar os deportes autóctonos, “amosar a potencialidade no ámbito deportivo de Galicia, coñecer a historia deportiva, a importancia para a cultura, galeguizar o deporte galego e impulsar a igualdade de xénero”.