Prazas libres no Campanadal, patinaxe e no curso guateo e pateo

Prazas libres no Campanadal, patinaxe e no curso guateo e pateo

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, lembra que o mércores 22 de decembro remata o prazo de inscrición na  oferta de actividades deportivas programadas de cara o Nadal.

Aínda quedan prazas vacantes no Campanadal, nos cursos de patinaxe e máis no curso de guanteo e pateo. A inscrición debe formalizarse nas dependencias administrativas do departamento de deportes (avenida naturais 44)  ata o día 22. As persoas interesadas deberán de  solicitar cita previa no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene no teléfono 981 340 366. De luns a venres: De 8:00 a 14:00 horas.

 

 

OBRADOIRO GUANTEO E PATEO

O 27, 28, 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro de 10.00 a 12.00 horas no Ximnasio Fitness Fene

Custe: 15,70 €

15 prazas

Obradoiro de Nadal orientado á rapazada de 12 a 18 anos cumpridos a 31 de decembro de 2021, no que realizarán actividades relacionadas coa autodefensa: - Traballo de resolución de conflitos, - Técnicas de golpeo, guanteo e pateo, - Defensa sobre agarres

Material necesario: Roupa cómoda e mascarilla

CAMPANADAL PARA PEQUES

O 27, 28, 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón de A Xunqueira

Custe: 15,70

€ 20 prazas

Campamento de Nadal orientado aos máis pequenos e pequenas, de 4 a 11 anos cumpridos a 31 de decembro de 2021, no que realizarán actividades variadas distribuídos en grupos de idade: xogos, manualidades, multideporte, baile, música, ... con contos cheos de maxia, con historias e personaxes propias do Nadal que farán que os nenos e as nenas se sintan a gusto, disfruten, compartan, aprendan movéndose e gocen do Nadal.

Material Necesario: Roupa cómoda para xogar e mascarilla

PATINAXE PARA ADULTOS E NENOS/AS

O 27, 28, 29 e 30 de decembro, 3 e 4 de xaneiro de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00 horas no Pavillón de A Xunqueira

Custe: 6,25 €

24 prazas en cada quenda.

Cursiño de patinaxe dirixido a adultos e nenos/as maiores de 5 anos, dende iniciación ata técnicas máis avanzadas, no que haberá tres grupos de aprendizaxe en cada hora, que se distribuirán segundo as idades e o nivel de cada participante. Material necesario: patíns, casco, xeonlleiras, muñequeiras e mascarilla