O vindeiro mércores cambia o horario da Biblioteca, Museo do Humor e Casa da Cultura de Fene

O vindeiro mércores cambia o horario da Biblioteca, Museo do Humor e Casa da Cultura de Fene

Coa chegada do nadal, a concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor e sala de exposicións temporais) que coincidirá, como é habitual, co comezo das vacacións escolares. Así, dende o mércores 22 de decembro e até o vindeiro 9 de xaneiro, inclusive, o horario da instalación será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

Os días 24 e 31; así como os sábados, domingos e festivos; a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.