Cancelado o concerto de Exit que ía ter lugar este xoves a carón da Casa do Concello

Cancelado o concerto de Exit que ía ter lugar este xoves a carón da Casa do Concello

Concellería de Cultura informa da cancelación do concerto de Exit, "Tributo Hard Rock", que estaba previsto para as 20.00 horas deste xoves, 30 de decembro, na praza do alcalde Ramón José Souto González, por mor dalgún positivo Covid no seo da banda. A actuación, incluída na programación de Nadal do Concello de Fene, adíase para cando a situación sanitaria o permita, comunicándose proximamente a nova data.