Invisibles

Hoxe, 14 de marzo a partir das 19:30h, a casa da Cultura acollerá, con entrada libre, a representación da obra "Invisibles". 

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais.
Un millón de razóns para falar do maltrato.
Non máis invisibles.
 
"Invisibles" é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre. Trátase dunha coprodución entre Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra e a Deputación da Coruña.