O programa Coidados porta a porta chegará a Fene no mes de maio

O programa Coidados porta a porta chegará a Fene no mes de maio

A Concellería de Servizos Sociais de Fene anuncia que o programa de Coidados porta a porta da Xunta de Galicia recalará en Fene (Paseo de San Valentín) os días 25, 26, 27 e 30 de maio para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á veciñanza. Destes servizos poderán beneficiarse gratuitamente todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa. A reserva de praza pode realizarse no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

“Coidados porta a porta” é un programa da Consellería de Política Social a través do cal se están a prestar diversos “servizos asistencias ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia”. Os servizos que se ofrecen son:

. Podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

. Audioloxía. Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

. Estimulación da memoria. Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

No marco deste programa, oito autobuses están a percorrer máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecen entre tres e catro días en cada concello atendendo á veciñanza que solicitou cita previa.

Descargas