Remata o prazo de inscrición para o curso de “Mediadores/as sociais en prevención”

Remata o prazo de inscrición para o curso de “Mediadores/as sociais en prevención”

Mañá 28 de abril remata o prazo de inscrición

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas, o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda organizan un curso de “Mediadores/as sociais en prevención”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene entre os meses de maio e xuño (os luns 2, 9, 23 e 30 de maio, e 6, 13 e 20 de xuño), en horario de 18.00 a 20.00 horas. As sesións serán impartidas por persoal técnico de ASFEDRO e as prazas (ata un máximo de 15) cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para asistir cómpre entregar o boletín de inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais ou envialo por correo electrónico a servizos.sociais@fene.gal. O prazo finaliza o  28 de abril.

O curso de “Mediadores/as sociais en prevención vai dirixido a “un conxunto amplo e diverso de persoas que poden exercer unha función mediadora na prevención de condutas aditivas, cumprindo funcións de dinamización da comunidade”, por exemplo, membros da policía local, de protección civil, representantes das entidades sociais, culturais, deportivas, ANPAS, monitorado e, mesmo, familias.

Os obxectivos do curso son: mellorar as actitudes preventivas das persoas mediadoras; incrementar os coñecementos sobre contidos preventivos; e aumentar as habilidades para a planificación de programas preventivos. Neste senso, entre os contidos a tratar, salientan a adolescencia, as drogas e as adiccións, a saúde comunitaria ou o papel da persoa mediadora na prevención de condutas adictivas.

Ligazóns