Vacacións en paz 2022

Vacacións en paz 2022

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o proxecto VACACIÓNS EN PAZ, ca Asociación Solidaridade co Pobo Saharaui.

O Concello de Fene colabora neste proxecto sufragando os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello.

Este programa trata de ser un marco de solidariadade e axuda desinteresada aos nenos e nenas saharauis e para proporcionarlles unha estancia agradable e humanamente rica en Fene, sumando a colaboración das familias que queiran facer esta acollida.

A vida destes nenos e nenas, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental, e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.

Dende o punto de vista afectivo, España representa algo especial para as persoas saharauis polos lazos históricos, culturais e humanos. De feito, as persoas saharauis pertencen á comunidade de hispano-falantes e aínda conservan con esmero o español como segundo idioma.

1.- Poboación destinataria:

Familias de Fene dispostas a acoller a nenos e nenas saharauis durante 2 meses de verán

2.- Obxectivo Xeral:

Trasladar nenos e nenas saharauis procedentes de campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses fe verán acollidos por familias do Concello de Fene.


3.- Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:

Revindicar o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sahara Occidental e poñer de manifesto a situación na que viven.
Facilitar asistencia médica e de alimentación
Promover entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidaridade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade.
Perfecionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudan nos seus programas escolares
ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre, evitando a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por teren temperaturas moi altas (máis de 50º)


3.- Temporalización:

Meses de xullo e agosto de 2022


Para calquera información dirixirse a:

asociacionsogaps@yahoo.es

Teléfono de contacto: 986262637