O papel da familia na prevención de condutas adictivas

O papel da familia na prevención de condutas adictivas

O centro Municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene acollerá o vindeiro 25 de maio e 1 de xuño sesións informativas sobre o papel da da familia na prevención de condutas adictivas.

Actuación encamiñada a mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos, de aí que adquira sentido informar para axudar a entender as características xerais do fenómeno que nos ocupa, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuízos, así como a establecer un maior coñecemento nesta materia.

Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:

- Facilitar información sobre adiccións con substancias e comportamentais.
-Informar e concienciar sobre os risco que conlevan as adiccións.
- Informar e apoiar ás familias dos menores, orientando en situacións de dificultade, mediante espazos familiares.
- Promover nas familias dos menores un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar.

A acción formativa contará cun límite de 15 prazas para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción.

O período de inscrición é ata o 23 de maio de 2022.

Recollida de solicitudes: a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta, ou no centro municipal de Servizos Sociais. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Actuación enmarcada no proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Descargas