Festival de fin de curso das Escolas Municipais de Música

Festival de fin de curso das Escolas Municipais de Música

As Escolas Municipais de Piano e Guitarra 2021/22 do Concello de Fene chegan ao seu fin. Por este motivo, a Concellería de Cultura organiza para este xoves, 2 de xuño, o festival de clausura de ámbalas dúas actividades ás que asistiron ao longo do presente curso escolar ao redor de 40 persoas. O certame comezará o xoves ás 17 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e terá como protagonista ao alumnado infantil e xuvenil das devanditas escolas.

No decurso do Festival de Fin de Curso das Escolas de Música de Fene escoitaranse temas clásicos coma o “Himno da alegría”, de Beethoven, o “Vals en La Menor”, de Chopin, ou o “Vals Op.69 Nº1”, de Chopin. Tamén soarán composicións tradicionais como “Brilla, brilla estrellita”, “Sun, sun, sun”, “Tengo una muñeca” ou “El patio de mi casa”; e populares (“Bella Ciao” ou “Heart and soul”, de Hoagy Carmichael) xunto con temas de bandas sonoras (“Busca lo más vital”, “La sirenita”, etc.)

Descargas