Fin de curso nas escolas municipais de piscina

Fin de curso nas escolas municipais de piscina

A Concellería de Deportes organiza unha festa acuática para despedir o curso nas escolas municipais de piscina.

Será o vindeiro sábado, 18 de xuño, nas instalacións de Centieiras e poderá asistir o alumnado das escolas municipais matriculado no mes de maio en natación para bebés, 1ª infancia ou natación infantil (iniciación e perfeccionamento).

Haberá inchables acuáticos e multitude de xogos para todos os participantes.

A xornada desenvolverase atendendo ao seguinte cronograma:


De 10.00 a 11.00 horas será a festa para BEBÉS que, nesta ocasión, poderán estar acompañados de dúas persoas adultas.

De 11.00 a 12.00 horas será a festa para o alumnado de 1ª INFANCIA, acompañados dunha persoa adulta.

De 12.00 a 13.00 horas, será a festa para o alumnado de natación INFANTIL que deberá acceder á piscina sen acompañante.