Cursos de prevención de riscos laborais para o persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar
21-06-2022
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral , en colaboración coa concellaría de Benestar social do Concello de Fene, vai desenvolver o curso “Atención directa a persoas con Dependencia” .
Será os días 22, 27,29 e 30 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas no aula de Servizos Sociais sita en San Valentín.
A formación é presencial e gratuita e está dirixida a todas aquellas persoas que profesionalmente desenvolven actividades relacionadas ca atención de persoas dependentes, ou que se están formando neste ámbito.
O obxecto fundamental é formar a estas persoas en todas aquelas cuestión relacionadas coas medidas preventivas fronte riscos ergonómicos, riscos biolóxicos e riscos psicosociais.
Datas: 22,27,29 e 30 de xuño
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Duración: 16 horas
Para calquera información dirixirse a:
Centro Municipal de Servizos Sociais - Area de Benestar Social e Igualdade
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga)
Teléfono: 981392209
Correo electrónico: direccion@gplus.es ou issga.formacion@xunta.gal