Liberdade de Ser e Sentir
28-06-2022
O Concello de Fene adhírese un ano mais coa campaña Liberdade de Ser e Sentir que impulsa a área de Igualdade da Diputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual.
As actividades que se van desenvolver este ano son contacontos infantís e pílulas divulgativas en formato dixital, materiais didácticos, xogos interactivos e a celebración dunha palestra na as entidades de diversos colectivos abordarán os retos de futuro da diversidade sexual. Todos os contidos están dispoñibles https://seresentir.gal
Por outra banda, o Departamento de Igualde e Servizos Sociais do Concello Fene anuncia unha campaña de visibilización có pintado de bancos coa bandeira LGTBI en distintas parroquias do concello.
Esta iniciativa, ten como obxectivo sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.