Os clubs deportivos de Fene xa poden solicitar horas de adestramento de pretempada e tempada 2022-23 nas instalacións deportivas municipais

Os clubs deportivos de Fene xa poden solicitar horas de adestramento de pretempada e tempada 2022-23 nas instalacións deportivas municipais

Xa esta aberto o prazo para que os clubs de Fene soliciten horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2022/2023 no campo de Fútbol e nos dous pavillóns. Os clubs que estean interesados deben remitir nas datas que se indican na normativa, a relación de horas que soliciten de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2022 -2023, especificando o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora.

As solicitudes de pretempada realizaranse unicamente para o campo de Fútbol dos Pinares e para o pavillón da Xunqueira. As solicitudes de adestramento da tempada poderán realizarse para o campo de Fútbol dos Pinares, pavillón da Xunqueira e pavillón do Ramo.

Deberase comunicar se se solicita pista/campo completo ou terzo de pista/medio campo. No caso de non especificar, entenderase que se solicita pista ou campo completo.

Os períodos de adestramento da pretempada e da tempada serán os seguintes:

CAMPO DE FÚTBOL DOS PINARES:
• Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 31 de agosto de 2022.
• Adestramentos de tempada: dende o día 1 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “A XUNQUEIRA”
• Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 30 de setembro de 2022
• Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023.


PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “O RAMO”
• Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023.

Descargas