Taller de defensa persoal autoconfianza e empoderamento
23-08-2022
ORGANIZADO POLA CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE DO CONCELLO DE FENE
O Concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, vai desenvolver o taller “Defensa Persoal. Autoconfianza e empoderamento” durante 9 meses, dende outubro de 2022 ata xuño de 2023.
O curso, gratuíto e dirixido a mulleres, desenvolverase os martes e xoves en horario de 09:30 a 11:00 horas nas instalacións do ximnasio da Casa da Cultura de Fene.
O obxecto fundamental é formar as mulleres en defensa persoal e así mellorar a confianza en sí memas tendendo a o seu empoderamento. As mulleres aprenderán a defenderse a través de técnicas tales como Kicboxing e Taekwondo.
Datas e duración: Martes e xoves de outubro de 2022 ata xuño de 2023
Horario: 09:30 a 11:00 horas
Nº de prazas: 15
Presentación de solicitudes: ata o 14 de setembro presencialmente no Departamento de Servizos Sociais no enderezo abaixo indicado ou en calquera dos teléfonos 981.492.706 / 981 342607
Para calquera información dirixirse a:
Centro Municipal de Servizos Sociais - Area de Benestar Social e Igualdade
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal