Educando en familia
07-09-2022
O Concello de Fene, a través da Área de Benestar Social e Igualdade, vai a emprender no mes de outubro a segunda edición do programa denominado “Educando en familia”, co que preténdese apoiar as familias con crianzas aportando ferramentas que as axuden a mellorar a relación cos seus fillos e fillas.
A docente que impartirá estes obradoiros será Virginia Castro Crespo de “Aloumiño”, xa con ampla experiencia no desenvolvemento deste obradoiros neste Concello e en outros da Comarca.
Os grupos de traballo serán reducidos para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción de todas as persoas participantes.
Os obradoiros desenvolveranse dende o mes de outubro de 2022 ata xuño inclusive do 2023.
A semana impartiranse 2 obradoiros de 2 horas, en horario de mañá e de tarde.
Martes, en horario de tarde de 16:00 horas a 18:00 horas
Venres, en horario de mañá de 09:30 horas a 11:30 horas
Os obradoiros iniciaranse nas seguintes datas:
Martes 4 de outubro, en horario de 16:00 horas a 18:00 horas
Venres 7 de outubro, en horario de 09:30 horas a 11:30 horas
Nos obradoiros vaise a traballar as seguintes temáticas:
1.- Coaching Familiar:
Control do estrés
Técnicas de comunicación e negociación
Entender o cerebro infantil e adolescente
2.- Día a día:
Rutinas na infancia
Celos entre irmáns
Poñer límites sen dramas
3.- Creando Lazos Afectivos:
Aprende a crear conexión emocional e influir nas crianzas
Aprender a criar crianzas seguras: Fomentar a autoestima e o apego.
4.-Temas a Debate e Visitas especiais:
Paixón polas pantaias: Cómo xestionalo
Sexualidade e afectividade.
Educación Financieira: Cómo é a nosa relación cos cartos e cómo influe na infancia.
Visita Especial: Alimentación consciente e Actitude Parental
Visita Especial: Cómo favorecer e manter boas relacións co centro educativo.
O período de inscrición estará aberto do 7 ata o 30 de setembro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta.
As prazas cubriranse por orde de inscrición.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda. do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607