Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres
12-09-2022
INDIRA é un proxecto por e para todas as mulleres de Fene que desenvolvese a través de encontros semanais, nos que abordaranse diferentes temas e actividades relacionados cas relacións persoais, autocoidado, sexualidade e saúde feminina, intelixencias múltiples, emocións, violencia de xénero, etc.
Esta actividade desenvolvese a través da Área de Benestar Social e Igualdade. Proxecto guiado por dúas psicoterapeutas con ampla formación e experiencia en Igualdade, Sexualidade, Educación Emocional, Técnicas de Relaxación e Atención Plena, Traballo Corporal, Autocoñecemento e Terapia do Reencontro entre outras.
O número máximo de mulleres, que poderán participar neste taller será de 15.
A selección de participantes será por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade as veciñas de Fene, aínda que no caso de non cubrir prazas poderán participar mulleres doutros concellos.
Esta nova edición arrancará o xoves 6 de outubro, cunha primeira xornada de presentación no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene para logo continuar dende o 13 de outubro até o 29 de decembro de 2022, os xoves en horario de tarde de 17:00 h a 19:00 h.
Data de inicio: 6 de outubro de 2022
Horario: xoves de 17:00 a 19:00 horas
Finalización: 29 de decembro de 2022
Lugar celebración: Salón de Actos Casa da Cultura de Fene
Datas de inscrición: Do 09.09.2022 ata o 30.09.2022
Para formalizar a inscrición pódese facer ben por teléfono: 981342607 / 981492706 ou por email: servizos.sociais@fene.gal, axuntando a ficha de inscrición.
Esta actividade non ten ningún custe económico para as participantes.
Máis Información: Servizo Municipal de Atención á Muller – Centro de Servizos Sociais. Av. Do Mar Bloque 1-baixo – San Valentín. Tf.: 981342607-981492706