Talleres de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural

Talleres de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural

O Concello e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán en Fene un  obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural.

Os talleres terán lugar na Casa da Cultura de Fene, en horario de 16.00 a 18.00 horas, os mércores 2, 9, 16 e 23 de novembro.

Os contidos a traballar serán:

Saúde e autocoidado “Quen coida de min”
Xestión do tempo “O teu tempo, o teu lecer”


O período de inscrición estará aberto até o 28 de outubro a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal. Enviando a ficha de inscrición cuberta. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Tamén poderán facer a súas solicitudes directamente no Centro de Servizos Sociais ou ben por teléfono.

Para calquera información dirixirse a:


CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Descargas