O paseo marítimo de San Valentín acolleu esta mañá o obradoiro de debuxo urbano People and Planet

O paseo marítimo de San Valentín acolleu esta mañá o obradoiro de debuxo urbano People and Planet

Alumnado de 2 de bacharelato do IES de Fene participou na xornada de hoxe nun obradoiro de debuxo urbano, buscando coa actividade a súa sensibilización sobre a emerxencia climática e a necesidade de protección cara o medioambiente a través do debuxo. 


O curso, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais de Fene encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’ cuxo obxectivo é empoderar e mobilizar á xente nova na loita contra o cambio climático, ligando cuestións locais con problemáticas globais que teñen impacto na vida das persoas en calquera lugar do mundo.

As obras que realizaron os/as participantes terán unha vida posterior tanto online como offline. Por unha parte, exporanse fisicamente nun espazo facilitado polo concello, complementándoas do xeito que sexa necesario para espallar a sensibilización. Doutra banda, dixitalizaranse para difundir a través da páxina web do proxecto, redes sociais, etc. a xeito de exposición virtual. Ademais, da actividade xurdirá un “tool kit” que permitirá replicala noutros lugares.


#PeopleAndPlanet

Ligazóns