Taller de defensa persoal, autoconfianza e empoderamento para rapazas entre 13 e 18 anos
20-10-2022
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene abre o prazo para participar no taller “Defensa persoal, autoconfianza e empoderamento” que se desenvolverá durante 9 meses, de novembro de 2022 a xuño de 2023, os martes e xoves de 18:30 a 19:45 horas nas instalacións do C.M.I. Unidade de Fene. A actividade é gratuita e vai dirixida a mulleres de entre 13 e 18 anos co obxectivo de "formalas en defensa persoal e así mellorar a confianza en sí mesmas, tendendo ao seu empoderamento". Así, as participantes aprenderán a defenderse empregando técnicas de distintas disciplinas como Kicboxing ou Taekwondo.
Para participar cómpre anotarse antes do 10 de novembro nas instalacións do Departamento de Servizos Sociais de Fene (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo, San Valentín) ou no teléfono 607 627 781. A data prevista para o inicio da actividade é o 10 de novembro, prolongándose até xuño de 2023. Número de prazas limitado (15).