O programa “Coidados porta a porta” da Consellería de Política Social estará este mes en Fene
14-11-2022
Os servizos que se van prestar son os seguintes:
Prevención da xordeira: atención básica, informativa e de prevención
Podoloxía: Para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de unllas, calosidades)
Prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal
As datas nas que se prestarán estos servizos son: 23, 24 e 25 de novembro 2022.
A atención dos profesionais na unidade móbil é en horario de 09:00 da mañá a 20:00 horas
A unidade móbil se instalará na zona situada entre o Pabellón polideportivo de San Valentín e o Colexio “A Xunqueira”.
As persoas maiores de 55 anos que queiran participar neste programa teran que solicitar previa cita nos teléfonos 622 748 283 e o 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Por outra banda o día 23 de novembro, ás 19.00 h, e como actividade complementaria aos servizos “Porta a Porta” vaise celebrar unha charla no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Fene, sobre os coidados dos pés.
Esta charla correrá a cargo do/a profesional de podoloxía deste programa. A entrada será libre e non se require inscrición previa