Abre o prazo de preinscrición para a Campaña da Neve da Deputación da Coruña

Abre o prazo de preinscrición para a Campaña da Neve da Deputación da Coruña

Sete nenos ou nenas de Fene poderán gozar este ano da experiencia de participar na “Campaña Neve” da Deputación da Coruña. O programa, dirixido a rapaces/a de 11 a 15 anos (inclusive), sufragará boa parte dos custes que supón a viaxe, estadía, manutención e actividades na estación de montaña Valgrande-Pajares (Asturias) dende o 13.01.2023 ao 16.01.2023. A cota de participación que corresponde ás familias ascende a 85 euros por persoa.

Dende o xoves 1 até o venres 16 de decembro está aberto o prazo para facer as preinscricións dos nenos/as no Departamento de Cultura e Deportes de Fene (Avda. Naturais 44, entresollado), de luns a venres en horario de 09.00 a 13.30 horas. Nesta primeira fase, unicamente haberá que cubrir a ficha de preinscrición, que estará a disposición das familias no propio departamento, e entregar un volante de empadroamento (os/as participantes deberán estar empadroado/a no Concello de Fene, alomenos, desde o 31 de outubro de 2022). No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público das prazas diante da secretaria municipal (entre o 19 e o 22 de decembro). Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno.

Segundo a información remitida pola Deputación da Coruña nesta edición da Campaña da Neve 2023 correspóndelle ao Concello de Fene 7 prazas na 1ª quenda, que se desenvolverá do 13.01.23 ao 16.01.23. A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS). E as idades dos/as participantes serán de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2022.

Tamén se adianta que o desprazamento dos rapaces/as dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta (os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificaranse con suficiente anticipación); e a cota de participación ascende a 85 euros por persoa.


Máis información:
https://www.dacoruna.gal/deportes
cultura.deportes@fene.gal
Tlf.: 981.34.03.66