Últimas prazas dispoñibles para a sesión de O Titiribaile na Biblioteca Municipal

Últimas prazas dispoñibles para a sesión de O Titiribaile na Biblioteca Municipal

No marco da programación de Nadal que organiza a Concellería de Cultura, este venres, 16 de decembro, actúa na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé o grupo O Titiribaile con “Chegados a este punto”, espectáculo dirixido a crianzas de 0 a 3 anos. As prazas xa están prácticamente cubertas pero aínda queda algunha dispoñible. As persoas que se queiran anotar, poden facelo na biblioteca municipal de Fene, presencialmente ou no teléfono 981 342 302 (horario de 16.00 a 21.00 horas).


“Chegados a este punto” é unha clase maxistral onde ensinamos que a vida é máis sinxela do que msemella....a vida SON CORES. É unha clase onde podes acudir sempre que queiras pois cada día nos deixa unha lección. Nesta ocasión aprenderemos como superar os nosos medos, que cor representa cada emoción, que un agasallo non ten porque ser material, que todos temos un artista dentro, animais, estacións, cores, etc. A través da música, das cores, dos sentidos etc...

Actividade de balde, con aforo limitado e reserva previa.
Duración aprox.: 30 minutos


Organiza: Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña