A Concellaría de Servizos Sociais de Fene presenta o Plan Municipal de Implementación dos ODS
20-01-2023
No caso de Fene, e gracias ao apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o plan artellouse partindo dunha diagnose inicial do territorio -saber como estamos agora- para logo poñer negro sobre branco todas aquelas cousas que cómpre cambiar ao longo dos próximos anos para achegarnos no posible á sostenibilidade da que fala cada apartado dos ODS. A vixencia inicial do plan será de tres anos, tempo no que deberá facerse un seguimento constante sobre o cumprimento das accións propostas.
O contido do Plan de Implementación dos ODS en Fene presentouse onte na Casa da Cultura, nun acto ao que asistiron representantes do persoal municipal, de entidades veciñais, dos centros de ensino e do Fondo Galego.
A finalidade do encontro foi a de repasar as accións que se deberán desenvolver en cada liña estratéxica e, en último caso, lograr a máxima concienciación e compromiso social para que Fene alcance os obxectivos de desenvolvemento sostible.