Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres

Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres

Nova edición do proxecto Indira

INDIRA é un proxecto por e para todas as mulleres de Fene que desenvolvese a través de encontros semanais, nos que abordaranse diferentes temas e actividades relacionados cas relacións persoais, autocoidado, sexualidade e saúde feminina, intelixencias múltiples, emocións, violencia de xénero, etc.

Esta actividade desenvolvese a través da Área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene. Guiado por dúas psicoterapeutas con ampla formación e experiencia en Igualdade, Sexualidade, Educación Emocional, Técnicas de Relaxación e Atención Plena, Traballo Corporal, Autocoñecemento e Terapia do Reencontro entre outras.

O número máximo de mulleres, que poderán participar neste taller será de 15. A selección, será por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade as veciñas de Fene, aínda que no caso de non cubrir prazas poderán participar mulleres doutros concellos.

Esta nova edición arrincará o xoves 2 de febreiro, cunha primeira xornada de presentación no CPS de San Valentín de Fene.

Data de inicio: 2 de febreiro de 2023

Horario: xoves de 16:45 a 18:45 horas

Datas:

- Febreiro: 2, 9, 16, 23
- Marzo: 2, 9, 16, 23 e 30
- Abril:13, 21, 28
- Maio: 4, 11, 18, 25
- Xuño: 1, 8, 15


Lugar celebración: CPS San Valentín de Fene
Datas de inscrición: Do 25.01.2023 ata o 01.02.2023

Para formalizar a inscrición pódese facer ben por teléfono: 981342607 / 981492706 ou por email: servizos.sociais@fene.gal, achegando a ficha de inscrición. A actividade non ten ningún custe económico para as participantes.

Máis Información:
Servizo Municipal de Atención á Muller – Centro de Servizos Sociais.
Av. Do Mar Bloque 1-baixo – San Valentín. Tf.: 981342607-981492706