Refórzate 2023
15-02-2023
Reforzo Educativo+Ocio
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa REFÓRZATE, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Trátase dun programa de formación en prevención comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas aditivas, promovendo estilos de vida saudables, entre o alumnado que permanece vinculados ao sistema educativo, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
O programa consiste en combinar dous espazos:
a) Atención educativa mediante sesións de apoio escolar en alumnado con dificultades de aprendizaxe xeneralizada e ou que precisen apoio nas áreas instrumentais.
b) Socioeducativos de lecer saúdable utilizando o uso responsable das novas tecnoloxías, prevención en ludopatias, así como obradoiros de alimentación saúdable entre outros.
Os obxectivos:
Favorecer o desenvolvemento individual, social e emocional dos/as menores mediante un traballo personalizado dirixido ao adestramento en competencias educativas e sociais.
Mellorar as competencias educativas.
Apoiar a socialización dos/as menores e as familias.
Desenvolver actuacións de dinamización social .
Fomentar a autonomía persoal, capacidade de análise da realidade, autoestima e responsabilidade.
Educar e promover valores positivos en áreas transversais como saúde, medio ambiente, tempo de lecer, interculturalidade…..
A quen vai dirixido?
O programa vai dirixido o alumnado de primaria e secundaria derivado polos centros escolares en colaboración coas familias e os servizos sociais municipais.
Realizaranse dous grupos de 10 alumnos/as cada un.
Criterios de admisión:
Alumnado en situación de vulnerabilidade ( social, económica ou de calquer outra índole).
Alumnado sen acceso a beca BNEE.
Alumnado con dificultades de aprendizaxe, problemas conductuais ou de xestión emocional e/ou con carencia de habilidades sociais e comunicativas.
O programa presentouse nos centros escolares, e nestes intres continúase coas inscricións.
A posta en marcha será a partir do 23 de febreiro. O lugar de realización dos obradoiros é o CPI A Xunqueira. Dous días a semana en horario de tarde.
Programa coordinado pola pedagoga municipal e técnica en prevención de condutas adictivas.
Para máis información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal