Día de Rosalía

Día de Rosalía

O Concello de Fene súmase á iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e fai un chamamento á veciñanza a conmemorar o “Día de Rosalía” neste 23 de febreiro, agasallando cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas e a espallar nas redes sociais, co lema #cumpriuseaxustiza, a obra de Rosalía. Asemade, súmase á conmemoración  publicando o manifesto que a AELG lle encargou este ano á escritora Carme Adán e que se pode descargar dende esta páxina. 

Tamén colabora coa Equipa de Normalización Lingüística do IES de Fene no obradoiro de Regueifas que Josiño da Teixeira impartirá neste centro o venres 24 de febreiro e organizando, ese mesmo venres, o concerto de García MC e SonDaRúa que terá lugar na Praza do alcalde Ramón José Souto González a partir das 21:00 h, con entrada libre e de baldo.

 

Descargas