A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza un curso de mantemento básico de vehículos para mulleres
08-03-2023
No marco das actividades organizadas ao redor da conmemoración do Día da Muller, a Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene organiza un curso teórico-práctico de mantemento básico de vehículos, dirixido a mulleres. Dita acción formativa desenvolverase na Casa da Cultura (parte teórica) e pista de Fonte do Campo (parte práctica) os luns e mércores, desde o 27 de marzo ao 8 de maio, en horario de 16.30 a 19.30 horas. Inscricións abertas até o 22 de marzo, chamando ao teléfono dos Servizos Sociais municipais en horario de mañá: 981 492 706. As prazas (12) cubriranse por orde de inscripción, podendo quedar en lista de agarda as persoas que se inscriban logo desas doce primeiras.
O curso básico de mantemento básico de vehículos para mulleres de Fene incluirá, na súa parte teórica, unha descripción básica das partes do vehículo. E nunha segunda parte máis práctica abordaranse materias como o mantemento dos líquidos, rodas, electricidade básica, reparacións básicas de carrocería, coidados básicos para baixas temperaturas, etc.