Andaina por Sillobre o sábado 15 de abril
04-04-2023
Andaina de dificultade media con saída ás 17 h
Esta ruta por Sillobre encádrase no programa “Andainas por Fene” que organiza o Concello coa colaboración de distintas entidades veciñais ou culturais do termo municipal. Trátase de saídas de distintas distancias que se completan en aproximadamente dúas horas de percorrido, pensadas para recrearse no patrimonio material e inmaterial e na natureza de cada zona, contando sempre como guía cunha persoa de cada parroquia que vai comentando o que se vai vendo a cada paso. Ademais de promover hábitos de vida saudables, os itinerarios tamén teñen como obxectivo fomentar o coñecemento do concello por parte da veciñanza -e tamén das persoas de fóra que queiran sumarse-, así como reforzar os vínculos entre as entidades por medio dun programa de lecer compartido.
A participación é de balde, pero cómpre anotarse (antes do venres 14 de abril ás 13.30 horas) no teléfono 630 58 96 35