O ciclo Contando Ciencia aborda este xoves o cambio climático en Galicia
17-04-2023
A meteoróloga e divulgadora científica Bea Hervella é a protagonista da penúltima sesión do Ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A cita será o xoves, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura con entrada libre e de balde até completar o aforo. O tema a tratar desta vez será o do “Cambio climático en Galicia”.
Bea Hervella é meteoróloga. Traballou para MeteoGalicia e na CRTVG. Tamén colaborou con El CorreoTV e 4gotas. Na actualidade exerce o seu labor na Axencia Estatal de Metereoloxía.
O ciclo Contando Ciencia ten como obxectivo achegar a ciencia á poboación en xeral. O programa desenvólvese na Casa da Cultura de Fene un xoves (ou martes) ao mes, con entrada libre e de balde até completar o aforo. A vindeira sesión será con María Canosa, enxeñeira de Camiños e escritora, que pechará o ciclo falando sobre “Máis vale maña que forza”.