Vacacións en paz 2023

Vacacións en paz 2023

O concello de Fene, dende a Área de Benestar Social e Igualdade, súmase un ano máis o proxecto VACACIÓNS EN PAZ da man da Asociación Galega Solidaridade co Pobo Saharaui.

EN QUÉ CONSISTE O PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida de nenos e nenas saharauis, que a petición do Goberno da República Árabe Saharauí Democrática desenvolve cada ano en Galicia a Asociación “Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, durante os meses de xullo e agosto.

Fene ven participando nesta iniciativa solidaria dende os seus inicios no ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos gocen dunha estancia agradábel, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados de familias fenesas acolledoras.

A QUÉN VAI DIRIXIDO

Vacacións en Paz está aberto a todas as persoas de Fene que teñan gañas de contribuír co seu entusiasmo, solidaridade e tempo ao desenrolo do Pobo Saharaui así como á mellora da calidade de vida e a educación intercultural dos máis pequenos.

OBXECTIVOS

A estadia dos nenos e nenas servirá para:

  • Facilitar asistencia médica que precisan e tamén compensar os déficits alimenticios que poidan ter.
  • Axudarlles a perfeccionar a súa apredizaxe das linguas castelán e galega, reforzando os seus programas escolares.
  • Ofertarlles unha alternativa de ocio e tempo libre que os poña en contacto con realidades alleas.
  • Evitar a estancias dos nenos e nenas en campamentos de verán nos que as temperaturas superan o 50º.
  • Animamos ás familias de Fene para que se inscriban como familias acolledoras.

Se estás interesada en ser familia acollledora podes contactar cós Servizos Sociais de Fene.

Se precisas información podes chamar ao teléfono da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí no teléfono 986262637

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal