A Biblioteca Municipal convídanos a festexar o Día do Libro
21-04-2023
Será o xoves, 27 de abril, cun espectáculo recomendado para familias con crianzas a partir de 5 anos a cargo de Ghazafelhos Teatro, A caixa sen pandora.
Historia interpretada por Montse Piñón e Pepablo Patinho que plantexa que pasaría se Pandora non abrira a caixa. Entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade. Un repaso divertido das distintas mulleres universais en xeral e galegas en particular que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade.
Entrada con inscrición previa ata completar aforo. As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono (981 342 302), de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas.