Xornada sobre a resolución de conflictos

Xornada sobre a resolución de conflictos

Xornada enmarcada no programa familiar “Máis que un teito”

O 8 de maio, ás 18.30 h,  a Casa da Cultura de Fene acollerá unha xornada dirixida ás familias, sobre a resolución de conflitos.

Actuación; impartida por Andrea Bechlian, psicóloga e educadora de disciplina positiva; encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a abordaxe dos conflitos dende a educación emocional e comunicación non violenta, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos conflitivos nas familias.

Ao longo da sesión trataranse dun xeito participativo os seguintes aspectos:

Qué é un conflicto?
Qué estilos hai para resolveros?
Cómo podemos axudar ás crianzas a resolver conflictos?
Ferramentas desde a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta.

Poboación destinataria: Representantes das ANPAs, entidades sociais e familias.

O período de inscrición ata o 5 de maio de 2023. (por orde de inscrición ata cubrir aforo).

A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:

- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscrición cuberta.
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.

Para calquera outra información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo
15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607

Xornada ao abeiro do programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovido pola agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda.

Descargas