Fene acolle o I Trofeo Galego Dxt Adaptado

Fene acolle o I Trofeo Galego Dxt Adaptado

Un evento multideportivo que ten como obxectivo reactivar o deporte no ámbito da diversidade funcional na zona despois do parón da pandemia. Terá lugar durante os días 11, 12 e 13 de maio e incluirá formación, competición e goce a partes iguais, ademais doutras actividades paralelas que buscan fomentar, gozar e motivar a práctica do deporte adaptado nun ambiente festivo e dinámico.

As persoas interesadas poderán realizar as súas inscricións de forma individual ou grupal, durante o desenvolvemento do propio evento ou previamente. A organización ten aberta tamén unha campaña para as persoas que queiran colaborar de forma voluntaria no devandito evento. Para máis información pode contactar a través do 604 055 703,  por mail a info@ascmgalicia.org ou a través do seguinte formulario;

https://bit.ly/3LzXwFe

Xornadas técnicas e prácticas con exhibicións deportivas serán a antesala do I Trofeo Galego Dxt Adaptado

O xoves na Casa da Cultura (Avda. Couces 20) terá lugar a xornada técnica dirixida a estudantes e profesionais do ámbito socio-sanitario e deportivo, ademais de deportistas, entidades e xente interesada en xeral onde a sesión matinal estará centrada en charlas sobre Deporte e Discapacidade impartidas por profesionais do sector. Será pola tarde cando se faga un achegamento ao deporte adaptado coñecendo o regulamento de Boccia, baloncesto e rugby en cadeira de rodas, e Futbol 7 para Pc e Dca.

O venres e sábado as actividades desenvolveranse no Pavillón Municipal da Xunqueira. A xornada do venres, centrada en dar a coñecer en primeira persoa a práctica de diferentes disciplinas deportivas, por exemplo boccia, slalom, futbol 7, baloncesto e rugby en cadeira de rodas, ou tenis de mesa, ás que unirán exhibicións de capoeira adaptada e boxeo pola tarde.

Será o sábado, 13 de maio, cando arrinque o I Trofeo Galego dxt Adaptado. Dende ás 10.30 h no Pavillón A Xunqueira.

Iniciativa promovida por ASCM Galicia coa colaboración do Concello de Fene.

Descargas